Concello da Coruña

Concello da Coruña

A voz do Coliseum. Concurso escolar de cánticos

Cando:

22 de abril de 2025

A ficha de inscrición no programa permanecerá aberta desde o 22 de abril ata o 30 de abril ás 10.00 horas.

O Club Básquet Coruña pon en marcha unha iniciativa dirixida aos colexios da cidade co obxectivo de fomentar o baloncesto e o sentimento de pertenza ao equipo a través da creatividade e a animación deportiva.

" Paixón laranxa: a voz do Coliseum " é un programa dirixido ao alumnado de 5.º e 6.º de primaria dos centros educativos da Coruña. O obxectivo é impulsar a creatividade e o traballo en equipo entre as e os escolares, así como potenciar o vínculo entre o Club Básquet Coruña e a comunidade educativa, mediante a creación dun cántico orixinal para animar o equipo.

O colexio gañador recibirá unha visita especial do primeiro equipo do Leyma Coruña ao colexio, produtos oficiais do club (camisetas, bufandas, pósters etc.) e recoñecemento nas redes sociais e na páxina oficial do club.

A ficha de inscrición permanecerá aberta desde o 22 de abril ata o 30 de abril ás 10.00 horas.

Máis información na páxina do programa: Paixón laranxa: a voz do Coliseum

Programa ao que pertence

  • Paixón laranxa: a voz do Coliseum

    O concurso de cánticos de animación para escolares é unha iniciativa innovadora para fomentar o espírito deportivo e o sentido da comunidade na cidade. Coa participación dos colexios e o apoio da afección, fortalécese o vínculo entre o Club Básquet Coruña e as futuras xeracións de afeccionados e afeccionadas, garantindo un ambiente vibrante e respectuoso no Coliseum.

    Máis información

Documentos relacionados

  • A VOZ DO COLISEUM. Documento de centro (3 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión