Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Aberto ata o 31 de maio o prazo de inscrición para o concurso “Sensores para todas/os 2019”

Cando:

28 de febreiro de 2019

Documentos:

SENSORES-2019-bases.pdf (98 KB)

Está organizado por IGACIENCIA en colaboración co Concello da Coruña

Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico a secretaria@igaciencia.org cos seguintes datos: título do proxecto, persoas autoras (nome e apelidos, curso, centro educativo) e profesorado que coordina o proxecto (nome e apelidos, especialidade).

Dirixido a grupos de alumnos e alumnas de centros educativos de Educación Primaria ata Bacharelato e Formación Profesional de grao medio, avalados na presentación por algún profesor ou profesora do centro. O concurso centrarase en experimentos con sensores con Arduino, Raspberry Pi, Smartphones e tabletas (Android ou IPhone) e Robots Lego ou Mbot. Pero tamén aplicacións con GPS e, por que non, Internet das Cousas, conectando en rede e coa rede os sensores.

Unha vez realizada a preinscrición, os equipos poderán dispoñer de asesoramento en liña, a través da web http://www.igaciencia.eu; e, ademais, convocarase unha xuntanza informativa e de seguimento o venres 5 de abril de 2019 (data e lugar por agora sen confirmar).

Organizado por IGACIENCIA, o Concello da Coruña colabora neste concurso patrocinando os premios que consisten en material de informática-tecnoloxía para os centros educativos gañadores por importe máximo de 300 euros no caso do primeiro premio, e 200 euros no caso do segundo.

Máis información: http://www.igaciencia.eu/gl/taxonomia/sensores

Programa ao que pertence

  • Concurso sensores para todos

    Sensores para todos é un certame no que, a través do obxectivo explícito de achegar a xente nova á programación e ao uso das moi activas tecnoloxías electrónicas e robóticas, busca fomentar a súa creatividade, a capacidade de resolución de problemas e a investigación no campo STEM -Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, e Matemáticas- á vez que se desenvolven aptitudes e actitudes para o traballo en equipo, e a aprendizaxe compartida.

    Máis información
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?