17 de abril de 2023
Nesta edición, o abano de destinos inclúe países como Austria, Italia, Malta, Portugal e a República Checa
Este luns abriuse o prazo para solicitar as bolsas Acoreuropa XI, un programa educativo que, a través de prácticas formativas en empresas, promove a aprendizaxe e a formación profesional de mozas e mozos en países do continente europeo, así como o coñecemento de outros idiomas e culturas.
O programa Acoreuropa XI está dirixido a persoas tituladas en FP de grado superior que acadaron o seu título en decembro de 2022 ou que o farán en xuño de 2023, incluída a FCT (formación en centros de traballo), e que realizasen os seus estudos nos dez centros docentes públicos que participan como socios nesta edición do programa: CIFP Anxel Casal, CIFP Escola de Imaxe e Son, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES A Sardiñeira, IES Eusebio da Guarda, IES Fernando Wirtz, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Rosalía Mera e IES Urbano Lugrís.
A este respecto, non poderán participar as persoas tituladas en FP na modalidade dual, ao tratarse dunha vía formativa a través da cal xa se realizan prácticas de traballo en empresas remuneradas.
A duración das prácticas formativas serán de 90 días, e o calendario para realizalas será de setembro de decembro deste ano 2023. Excepcionalmente, no caso de posibles modificacións do calendario por causas sobrevindas ou a incorporación de novas persoas seleccionadas para cubrir posibles baixas, tamén de febreiro a maio de 2024.
Os destinos dos bolseiros: cinco países, de Austria á República Checa
Nesta convocatoria, xa aberta, ofértanse un total de 11 bolsas Acoreuropa XI a cinco países pertencentes á Unión Europea, cos seguintes destinos:
Con todo, os destinos e a súa distribución poderían variar en función da competencia lingüística das persoas seleccionadas e da existencia de empresas acaídas para o seu perfil profesional e académico nos lugares solicitados.
Neste sentido, coas bolsas Acoreuropa XI inclúen gastos como as viaxes de ida e volta entre A Coruña e o país de destino, o aloxamento e un seguro de atención sanitaria e responsabilidade civil. Ademais, as persoas participantes recibirán, por parte do Concello, unha axuda económica de 1.500 euros, destinada a financiar os gastos de manutención no país de destino.
As bolsas poden solicitarse ata o vindeiro día 8 de maio
O prazo para solicitar as bolsas Acoreuropa XI estará aberto ata o vindeiro luns 8 de maio. A documentación necesaria para formalizar a solicitude terá que presentase por rexistro -presencialmente, con cita previa- ou por rexistro electrónico.
A información completa pode consultarse nas bases xa publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e tamén a través da páxina web da Convocatoria de programa bolsas Acoreuropa XI .
Programa ao que pertence
Programa inscrito no programa Erasmus+ da Unión Europea, polo que se organizan e posibilitan prácticas de formación, de tres meses de duración en empresas de diversos países europeos para recentemente titulados de FP Superior nos centros adscritos ao programa.
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible