21 de abril de 2021
O certame realizarase o 21 de maio ás 18.00 horas no Centro Ágora
Así mesmo, ábrese o prazo de inscrición no taller de introdución á interpretación de monólogos asociado a este certame. Realizarase, en datas para escoller, entre os días 8 e 9 de maio, das 17.00 ás 19.00 horas en modalidade en liña.
Para inscribirse en ambas as actividades:
Programa ao que pertence
Acción de dinamización lingüística consistente nun concurso de monólogos cómicos para potenciar a comprensión e a expresión oral, ademas da creatividade e a naturalidade no uso da lingua galega.
O alumnado interesado poderá inscribirse no TALLER DE INTRODUCIÓN Á INTERPRETACIÓN DE MONÓLOGOS CÓMICOS, co obxecto de axudarlles a puír os seus textos e mellorar a súa interpretación cómica. As datas de inscrición no taller e o día da súa celebración están pendentes de confirmar.
Máis informaciónActividades relacionadas
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible