12 de decembro de 2023
O CEIP Ramón da Sagra gozou da primeira actividade co alumnado do terceiro ciclo
No arranque destas actividades, o alumnado do centro educativo puido investigar sobre a súa contorna máis próxima descubrindo que o río Monelos para aos seus pés. Tamén levaron cestas na cabeza como facían antigamente polo "Camiño do Corgo primitivo", conservado no parque de Oza. Ademais, atoparon o único punto do parque desde o que se divisa a Torre de Hércules.
Unha chea de novas experiencias!
Espías no tempo
Este programa busca dar a coñecer o patrimonio da cidade e desenvolver un sentimento de pertenza local entre o alumnado dos centros educativos. Ao mesmo tempo, pretende fomentar o papel educativo da cidade como un espazo xerador de experiencias e de memoria compartida.
Programa ao que pertence
Programa para dar a coñecer o patrimonio da cidade e desenvolver un sentimento de pertenza local entre o alumnado dos centros educativos.
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible