Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Arrinca o xogo en liña "Xaque ao virus"

Cando:

23 de marzo de 2020

Trátase dunha proposta da Federación das ANPA para fomentar a saúde mental e física adaptada á situación do confinamento familiar debido á pandemia provocada polo coronavirus

A partir das 12.00 h deste luns 23 de marzo, comezará a proposta de lecer en liña "Xaque ao virus" que levarán a cabo as e os educadores dos programas de lecer da Federación Provincial das ANPA.

É unha proposta para o fomento da saúde tanto mental como física adaptada á situación do confinamento familiar no que a sociedade española está inmersa debido á pandemia provocada polo coronavirus. Esta proposta está orientada a todas e todos os escolares inscritos nos programas municipais Deporte no centro 2020-2021 , Lecer educativo 2020-21 e Luditarde 2020-21 , para así seguir mantendo a oferta educativa para todas aquelas familias inscritas nos devanditos programas.

O xogo

O xogo consiste na superación de diferentes retos semanais para conseguir unha serie de puntos ou "antivirus" necesarios para derrotar o coronavirus e avanzar postos na clasificación xeral. Os retos serán probas sinxelas para superar para acumular puntos para o teu colexio. Cada reto constará de dúas probas:

  • Proba corpo en forma: serán tarefas que teñen que ver coa actividade física e o deporte e que poderás facer na casa.
  • Proba mente en forma: serán tarefas que fomentarán o desenvolvemento da túa creatividade. Cun pouco de imaxinación, seguro que as fas facilmente.

Os retos publicaranse no blog do xogo creado para cada colexio participante, os luns, mércores e venres ás 12:00 h. Dispós de 36 horas para realizares cada reto.

É moi sinxelo, bastará con que envíes unha foto do reto ou un vídeo ao enderezo de correo electrónico do blog do teu colexio. Os enderezos dos blogs dos centros participantes son os seguintes:

Lembra que podes animar as túas e os teus compañeiros de actividades a participar no xogo. Cantas/os máis sexades máis puntuación para o voso colexio. A que esperades?

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión