18 de marzo de 2025
A actividade busca dar a coñecer os segredos da cidade a escolares dende os tres ata os oito anos.
O pasado venres 7 de marzo púxose en marcha unha nova edición do programa de rutas urbanas animadas.
Esta actividade, organizada polo Servizo Municipal de Educación e a Federación das ANPA de centros públicos, consiste nunha serie de percorridos a pé pola cidade para que escolares de entre tres e oito anos (dende 4.º de EI ata 2.º de EP) coñezan o lugar no que viven ao mesmo tempo que adquiren valores e actitudes cívicas, realizando actividades didácticas.
Entre o 7 e o 14 de marzo realizáronse as seguintes rutas:
O programa desenvólvese ata finais de maio. Pódense consultar as próximas rutas programas dende a seguinte ligazón: calendario de próximas rutas programadas.
Programa ao que pertence
Percorridos a pé pola cidade para escolares desde os tres ata os oito anos, co obxecto de que coñezan a súa cidade á vez que adquiren valores e actitudes cívicas, realizando actividades didácticas.
Máis informaciónEventos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible