27 de novembro de 2018
EIM Monte Alto. Rúa Forcarey (Zona Monte Alto) s/n, Bj. 15002 A Coruña
O alumnado do CPR Sagrado Corazón Franciscanas e o da EIM Monte Alto faranse cargo da presentación con cancións e recursos creados sobre a experiencia de visitar e coñecer este mercado
Este martes comezaron as actividades programadas na Tenda de Antón, un encontro de colaboración intercentros.
Os autores das cancións relacionadas con esta experiencia son o grupo Pirilampo e Lois Seixo. O artista Félix Arias participará na presentación das actividades.
Recoñecida por Unicef
A tenda de Antón está recoñecida por Unicef, desde o ano 2016 como unha boa práctica para a infancia. Grazas á colaboración da Fundación Barrié e do Concello, a escola puxo en marcha no mercado de Monte Alto un posto dedicado exclusivamente para as nenas e os nenos dos centros escolares. Na Tenda de Antón teñen a oportunidade de xogar a vender e mercar e establecer relación coas praceiras e cos praceiros deste mercado municipal.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible