12 de marzo de 2020
O Concello da Coruña adoptará unha serie de medidas para aplicar na cidade as indicacións expresadas desde a Xunta de Galicia e o goberno do Estado.
No que respecta ao ámbito educativo, pecharanse as escolas infantís de titularidade pública desde o luns e nun prazo mínimo de dúas semanas, ademais de todas as actividades organizadas polo concello no eido educativo.
Esta medida é coherente coa anunciada pola Xunta de Galicia de suspender as actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos, a partir do vindeiro luns e durante 14 días (a partir do luns de forma oficial e a partir de mañá de forma recomendada).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible