01/06/2022
Xa rematou
Dende o 27/05/2022 ata o 01/06/2022
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
18.30 horas
30 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
De balde e con inscrición previa
Espectáculo para a primeira infancia
Caramuxo Teatro presenta unha nova versión do clásico popular. Un espectáculo contado en primeira persoa a través do teatro de actor e de monicreques. Xan vive agora nun pequeno apartamento dun dos edificios máis altos de Nova York. Coidando as plantas da súa terraza, descobre algo sorprendente, que lle lembra unha asombrosa infancia chea de aventuras.
Unha proposta de lecer en familia para nenos a partir de 4 anos cunha coidada estética na que o humor, a emoción, e a poesía mestúranse para dar unha visión contemporánea do coñecido conto infantil.
A actividade desenvolverase no escenario do auditorio do Centro Ágora e haberá dous pases para os que se haberá que inscribir previamente en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
A cada pase só poderán asistir 30 familias (crianza + persoa adulta). Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
REQUISITOS POLA SITUACIÓN SANITARIA:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible