Concello da Coruña

Concello da Coruña

Así foi a última xornada das XOAP 2025

Cando:

25 de febreiro de 2025

O Fórum Metropolitano puxo o broche de ouro ás Xornadas de Orientación Artística e Profesional, cunha charla sobre a FP básica.

O Fórum Metropolitano acolleu, o luns 24 de febreiro, a última sesión da II edición das Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025), organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña.

A xornada consistiu nunha charla na que cinco centros públicos de Formación Profesional da cidade (CIFP Paseo dás Pontes, CIFP Someso, IES Fernando Wirtz, IES Rosalía Mera e IES Urbano Lugrís) falaron acerca dos ciclos de FP básica que imparten.

Programa ao que pertence

  • II Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025)

    As Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional e Ensinanzas Artísticas (ordinaria e básica) que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión