Concello da Coruña

Concello da Coruña

Así será a segunda cita das XOAP 2024

Cando:

15 de abril de 2024

Consulta a programación da segunda xornada, que terá lugar o martes 16.

As Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2024) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.

Organizadas como visitas guiadas ás instalacións, complementadas con charlas informativas sobre o sistema de acceso, o seu contido e as súas saídas profesionais.

Programación

  • IES Sardiñeira - 16.30 h.
    • 15 CM Operacións de laboratorio
    • 15 CS Laboratorio de análise e control de calidade
    • 15 CS Química industrial
  • IES Fernando Wirtz - 16.30 h.
    • 16CM Sistemas microinformáticos e redes
    • 16 CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma
    • 16 CS Administración de sistemas informáticos en rede
    • 16 CS Desenvolvemento de aplicacións web
    • 17 CS Administración e finanzas
    • 17 CS Asistencia á dirección
    • 17 CM Xestión administrativa

Programa ao que pertence

  • Xornadas de orientación artística e profesional (XOAP 2024)

    As Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2024) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.

    Organizadas como visitas guiadas ás instalacións, complementadas con charlas informativas sobre o sistema de acceso, o seu contido e as súas saídas profesionais.

    O alumnado asistente e o profesorado dos departamentos de Orientación recibirán a guía TI ELIXES 2024, con información actualizada de estudos, bolsas e axudas de educación secundaria, Formación Profesional, estudos superiores e universitarios, así como recursos de procura de emprego.

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión