Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Entrada reducida: 2 € para menores de 3 anos, persoas con discapacidade acreditada e acompañantes
Abono de tres entradas: 15 €
As circunstancias que permiten acceder ao prezo reducido deben acreditarse ao mercar as entradas ou ao acceder ao espectáculo.
Organiza:
IMCE
Contacto:
agora@coruna.gal
Organiza:
IMCE
O ciclo Bebescena outono 2026 ofrece unha programación de espectáculos especialmente pensada para bebés e nenos e nenas de primeira infancia. A través da danza, o teatro, a música, os monicreques e os xogos visuais e sonoros, as familias poderán gozar de cinco propostas que estimulan a imaxinación e achegan os/as máis pequenos/as ás artes escénicas.
27 de setembro: Únicos, de Date Danza. Danza contemporánea. Desde 18 meses. Duración: 42 minutos.
18 de outubro: La selva, de Teloncillo. Teatro xestual e musical. De 6 meses a 5 anos. Duración: 35 minutos.
8 de novembro: Canta, Buguina, canta!, de Marta Ortiz. Danza contemporánea. De 0 a 6 anos. Duración: 40 minutos.
29 de novembro: Lumiero, de La Menuda. Teatro visual, musical e xestual. De 6 meses a 5 anos. Duración: 40 minutos.
13 de decembro: Dedín, dedín, dedal, de Malasombra. Monicreques e música en directo. De 1 a 6 anos. Duración: 45 minutos.
Puntos de venda de entradas:
En liña: www.ataquilla.com
Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h, excepto festivos.
Despacho de billetes do Centro Ágora: dende unha hora antes do comezo do espectáculo, sempre que queden entradas dispoñibles.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible