Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bolsas EEUU 2024-25: Publícase a listaxe provisional de persoas admitidas

Cando:

25 de xaneiro de 2024

Tamén se publica a listaxe de agarda así como as solicitudes desestimadas e excluídas con a expresión da súa causa

Consulta a listaxe Bolsas USA 2024-25: listas provisionais . Ábrese un periodo de dez días para a presentación de reclamacións.

Lembramos que a través deste programa, 40 estudantes da cidade poderán cursar un ano escolar en Estados Unidos, en réxime de convivencia con familias, para perfeccionar o seu nivel de inglés e vivir unha experiencia de inmersión noutra cultura.

De agosto de 2024 a xuño de 2025

A estadía en Estados Unidos comeza en agosto de 2024 e finaliza en xuño de 2025, incluídas as vacacións escolares de Nadal e Semana Santa. As datas de saída e regreso varían en función do estado ou territorio de destino.

O programa inclúe estadía nos EEUU durante o período correspondente a un ano académico neste país vivindo cunha familia residente, escolarización nun centro educativo dos EEUU (High School), organización de xornadas informativas para o alumnado participante no programa, tramitación e obtención do visado de entrada en EEUU, viaxe e desprazamentos de ida e volta desde A Coruña ata a poboación de destino nos EEUU para cada participante, seguimento e control da vida dos menores na familia de acollida, do seu comportamento e rendemento académico, así como da súa vida social; validación dos estudos realizados polo alumnado nos EEUU ante a Administración Educativa e asistencia sanitaria e seguro de responsabilidade civil.

Programa ao que pertence

  • Bolsas EUA 2024-25

    O Concello da Coruña, por medio da Concellaría da Área de Benestar Social da que depende o Servizo de Educación, convoca o programa "A Coruña no mundo: Bolsas EUA 2024-2025 - 1.º de bacharelato en EUA", no que se lle ofrece a oportunidade ao alumnado de 4.º de ESO, residente na cidade da Coruña, de cursar o grao 11 en EE UU -equivalente a 1.º de bacharelato- así como de adquirir un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento real doutra cultura.

    Máis información

Documentos relacionados

  • Bolsas USA 2024-25: listas provisionais (162 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión