Dende o 13/01/2025 ata o 24/01/2025
Xa rematou
Publicadas as listas de solicitudes admitidas e excluídas, ábrese un prazo para a presentación de reclamacións desde o 14 ata o 24 de xaneiro.
O Concello da Coruña, tras revisar a documentación presentada, publicou o día 10 de xaneiro de 2025 a listaxe de solicitudes admitidas e excluídas para cursar 1º de Bacharelato en Canadá a través do programa 'A Coruña no Mundo: Bolsas Norteamérica 2025-26' ( Bolsas Norteamérica 2025-2026 ).
Presentáronse un total de 123 solicitudes, das que 102 foron admitidas. Os 21 restantes foron excluídas por estar duplicadas, por non presentar a solicitude por rexistro ou por non axustarse aos requisitos establecidos nas bases que regulan a convocatoria.
Desde o luns 14 de xaneiro e ata o venres 24 de xaneiro ábrese un prazo para presentar posibles reclamacións. Tras a finalización deste prazo, unha comisión formada por técnicos municipais de Educación e Servizos Sociais procederá á valoración das solicitudes finalmente admitidas. Conforme á baremación realizada pola devandita comisión, publicaranse as listas provisionais das solicitudes seleccionadas e daquelas que quedarán en lista de espera.
Programa ao que pertence
Programa no que ao alumnado de 4.º da ESO, residente na cidade da Coruña, se lle ofrece a oportunidade de cursar o Grao 11 (equivalente a 1º de Bacharelato) no Canadá.
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible