Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coaches de choque, con Oswaldo Digón e Rafa Durán

Cando:

Os días 18/09/2026, 18/12/2026

Horario:

21.00 h

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Butaca ou mobilidade reducida: 17,00 €

Anfiteatro:15,00 €

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Toda persoa que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada, independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización.

• Unha vez comezado o espectáculo, non se permitirá o acceso á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Rababiero Promocións, S.L.

Organiza:

Rababiero Promocións, S.L.

Os "Coaches de choque" é un espectáculo de comedia improvisada deseñado para provocar un auténtico xute de endorfinas entre o público asistente.

Un show interactivo no que Oswaldo Digón e Rafa Durán interpretan a dous coaches entusiastas e extremadamente motivados que, a través dunha terapia de impro-choque, crean sobre a marcha un espectáculo frenético, único e irrepetible a partir das propostas do público. En definitiva, unha divertidísima parodia do desenvolvemento persoal.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión