Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Consulta o calendario de portas abertas nos centros educativos da Coruña
Portas abertas
Cando:
18 de xaneiro de 2023
Cada centro escolar fixa a súa propia data para realizar estas xornadas co obxectivo de darse a coñecer
Consulta a dispoñibilidade de cada centro para participar na xornada de portas abertas. Esta información irase actualizando periodicamente, ata completala.
Os centros que non se atopen na listaxe poden facernos chegar a información ao Servizo Municipal de Educación a través de educacion@coruna.es .
Ao facer clic sobre os seus nomes, pódese acceder a unha visita virtual aos centros públicos de Educación Infantil e Primaria. A través desta visita virtual pódense coñecer as instalacións exteriores e interiores de cada un dos centros escolares.
CEIP Sal Lence: despois de formalizar a matrícula, o novo alumnado de Ed. Infantil de 3 anos e demais cursos de primaria serán recibidos coa súa familia no centro a finais do mes de xuño en horario de mañá.
CEIP Cidade Vella
: o 27 de febreiro e o 6 de marzo de 17.00 a 19.00 horas. Serán visitas individualizadas e haberá que solicitar cita previa no email ceip.cidade.vella@edu.xunta.gal ou no teléfono 881960701.
CEIP Emilia Pardo Bazán
: 6 de marzo e haberá dúas quendas: ás 16.00 e ás 17.00. Non é necesario pedir cita previa.
CEIP Ramón de la Sagra
: Mércores 8 e xoves 9 de febreiro en dúas quendas (16.30-17.30 e 17.30- 18.30). Será necesario chamar ao centro para solicitar o día e a hora deseadaa través do teléfono 981280208.
CEIP María Pita
: 27 de febreiro ás 17.00 e 6 de marzo ás 17.00. Débese facer a reserva chamando ao 981292235 ext:100
CPR
CPR Calasanz PP Escolapios: no colexio teñen"visitas guiadas" durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo previa cita. Realizarán a "Xornada de Puertas Abertas" o 3 e o 24 de febreiro ás 17.00, tamén con cita previa.
CPR Fillas de Jesús: na súa web pódese ver todo ou proceso, as entrevistas visitando o colexio son individuais e no horario acordado coa familia.
CPR Liceo A Paz: días 7, 9 e 13 de febreiro ás 18.15 e ás 19.00 (dúas sesións por día).
CPR Montegrande: ata o 20 de marzo recibiremos ás familias de forma individual, para pedir cita hai que escribir ao enderezo de correo info@colegiomontegrande.es ou chamando ao 981288554.
CPR Santo Domingo: atenden ás familias de forma individual a través dun formulario que se debe cubrir na páxina web do colexio ou chamando por teléfono ao 981205850 para concertar unha entrevista.
CPR Escravas do Sagrado Corazón:3 de febreiro e 3 de marzo. Citas individualizadas a cada familia.
CPR Fogar Santa Margarida: de luns a venres en horario de 13.00 a 14.30 e de 15.15 a 16.45. Sábados de 9.00 a 14.30 horas.
CPR Peñarredonda: todos os días son de portas abertas, e atenderase de forma individual e personalizada.
CPR Sagrado Corazón - Franciscanas: do 1 de decembro ao 17 de marzo. Mércores de 10.15 a 11.15 e Venres de 17.00 a 18.00. Outros días ou horas consultar cita co centro no 981293250.
CPREX Coruña British School:do 13 ao 17 de febreiro. Son visitas individuais en calquera horario.
CPR Salesianos San Juan Bosco: Infantil: 7 e 16 de febreiro ás 18.30 e 25 de febreiro ás 11.30. Para EP, ESO E BACH o 14 de febreiro ás 18.30.
IES
IES A Sardiñeira:días 27 de xaneiro a as16.00 h e sábado 28 de xaneiro ás 12.00.
IES Durmideias: 30 de xaneiro ás 18.30.
IES Rafael Dieste: 26 de xaneiro ás 18.00.
IES Otero Pedrayo: Para os alumnos que cursarán 1º de ESO é do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible