18 de outubro de 2023
As inscricións que permanecen activas son as dos programas Concurso Imaxina, Cinema na escola, Visitas Escolares ás Bibliotecas e Falamos Secundaria
Expirado o prazo común de inscrición nos programas do Plan Coruña Educa, mantéñense abertas as solicitudes para os programas Concurso Imaxina, Visitas Escolares, Visitas Escolares ás Bibliotecas e Falamos Secundaria. Os seus prazos son os seguintes:
Pódese acceder á inscrición a través do Acceso á área privada .
Programa ao que pertence
Terceira edición. A saga continúa. Un curso máis creamos unha escena "de cinema" para a nosa contorna educativa. Luces, cámara e acción...
Máis informaciónO Servizo de Educación, en colaboración co Servizo de Cultura, organiza a III edición do programa IMAXINA CORUÑA, para o curso escolar 2023-2024.
O programa Imaxina Coruña nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de secundaria.
A organización proporá un tema que servirá de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando ferramentas científicas, tecnolóxicas e matemáticas (STEM) que teña como finalidade contribuír á resolución dun problema real da sociedade. O proxecto finalizará coa presentación pública dos experimentos ou materiais creados que cheguen á fase finalista.
Máis informaciónO programa de dinamización lingüística "Falamos" pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego.
Máis informaciónVisitas dirixidas ao segundo ciclo de educación infantil e a todos os niveis de educación primaria
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible