23 de decembro de 2024
A actividade, enmarcada no programa "Arte e cultura no centro", realizouse no auditorio do Fórum Metropolitano.
Uns douscentos escolares de educación infantil asistiron o pasado venres 20 de decembro ao auditorio do Fórum Metropolitano para participar no espectáculo multidisciplinar "De aquí para alá", un proxecto didáctico, impulsado pola pedagoga musical Lydia Botana, que pretende espertar o interese das nenas e dos nenos pola música e as culturas doutros lugares, transportando una mesma melodía por diversos xéneros musicais como a bossa nova, o rap, o son cubano ou o reggae/ska.
A actividade formaba parte do programa Arte e cultura no centro 2024-25 que pretende ofrecer unha experiencia educativa que complemente a xornada escolar de nenos e nenas, promovendo o seu desenvolvemento integral a través dun amplo abano de actividades artísticas e culturais nunha contorna lúdica.
Programa ao que pertence
O programa "Arte e cultura no centro" ofrece unha experiencia educativa que complementa a xornada escolar de nenos e nenas, promovendo o seu desenvolvemento integral a través dun amplo abano de actividades artísticas e culturais nunha contorna lúdica.
Organízanse a través de dúas propostas diferenciadas: "OBRADOIROS" e/ou "LUDIVERSO".
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible