28 de xaneiro de 2020
Cámbiase ao luns 3 de febreiro
A cadea humana con motivo do Día da Paz, prevista para este xoves 30 de xaneiro, aprázase ata o luns 3 de febreiro por causa do mal tempo.
En total, unha vintena de centros e máis de 4.600 escolares súmanse a esta cadea humana pola paz.
1. CEIP Emilia Pardo Bazán 640
2. CEIP Juan Fernández Latorre 50
3. IES Agra I 60
4. CEIP San Pedro de Visma 50
5. CEIP Prácticas 220
6. CEIP Sagrada Familia 100
7. CEE Nosa Sra. do Rosario 50
8. CPR Franciscanos 49
9. CPR Fogar de Sta. Margarida 1200
10. CEIP Eusebio da Guarda 700
11. CEIP María Pita 100
12. CEIP Anxo da Garda 263
13. CEIP José Cornide 85
14. CEIP Alborada 300
15. CEIP Rosalía de Castro 100
16. CEIP Manuel Murguía 102
17. CPR Obradoiro 100
18. CEIP Raquel Camacho 370
19. CEIP Hombre 14
20. CPR Dominicos 52
O Colexio Emilia Pardo Bazán será o encargado de iniciar a cadea humana na zona do Millennium e, a partir de aí, iranse colocando o resto de centros polo paseo marítimo ata chegar á estatua de Breogán, onde o alumnado do CEIP Hombre lerá o Manifesto pola Paz. Todas as persoas participantes levarán o símbolo da paz e farán unha onda xigante unha vez que estean distribuídas polo paseo marítimo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible