01/09/2020
Xa rematou
20.00 h
* Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permite o acceso á sala.
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Entrada: 2,50 € (carné xove, +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)
**É imprescindible presentar o documento que acredita o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder á sala na que se realizará a proxección.
Será de OBRIGADO cumprimento
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
• O uso da butaca asignada polo persoal de sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal de sala o autorice.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.
RECOMÉNDASE
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
agora@coruna.es
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
Nunha rexión remota e montañosa dos Balcáns, Hatidze Muratova vive coa súa nai enferma nunha aldeíña sen estradas, nin electricidade nin auga corrente.
Ela dedícase a criar colonias de abellas nunhas cestas feitas á man que deixa escondidas entre as rochas. Grazas a un ritual secreto, o prezado líquido que producen non se esgota nunca. Sen protección nin axuda, é capaz de amansalas para poder extraer o mel e vendelo na cidade máis próxima.
A chegada dunha familia nómade coa súa furgoneta escacharrada, sete fillos inquietos e un rabaño de gando parece estorbar a paz de Hatidze e das súas abellas. Nun primeiro momento, recíbeos cos brazos abertos, ofrécelles o seu afecto, o seu brandy e os seus consellos de apicultura. Pero non pasa moito tempo antes de que Hussein, o patriarca da familia nómade, visualice a oportunidade para poñer en práctica os seus intereses comerciais co mel para poder alimentar os seus nenos e as súas nenas.
A pesar de que a chegada da familia lle proporciona compañía e alivio á soidade de Hatidze, tamén provoca unha desfeita na orde natural da zona e unha ameaza aos seus medios de supervivencia. Un retrato sobrecolledor que fala sobre a desaparición dunha forma de vida, e que evidencia o fráxil equilibrio entre humanidade e natureza a través da mirada dunha muller resiliente e extraordinaria.
Macedonia 2019 - duración 85 min
VO en dialecto turco, subtitulada en castelán
PREMIOS E FESTIVAIS
Nomeamento a Mellor película internacional · Premios Óscar (Estados Unidos, 2020)
Nomeamento a Mellor Documental · Premios Óscar (Estados Unidos, 2020)
Premio a Mellor Documental · DocsBarcelona (Barcelona, 2019)
European Documentary · European Film Awards (Alemaña, 2019)
Visions du Réel (Suíza, 2019) Mellor película internacional · DocAviv Film Fest (Israel, 2019)
Venda de entradas:
Despacho da Pza. de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes de Ágora: día de proxección desde 2 h antes (só se quedan localidades)
Venda telefónica: 662 867 109
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible