29 de abril de 2025
Nesta IV edición participaron 56 estudantes e 12 docentes de 8 centros escolares e presentáronse un total de 14 proxectos.
O IV Concurso Imaxina Coruña 2024-25 realizou o pasado sábado 26 de abril, nas instalacións da Domus, a súa Feira de Ideas e Premios, na que 56 estudantes de oito centros educativos presentaron os seus proxectos, todos eles baixo o lema "Auga limpa, futuro sostible".
No evento entregáronselles os premios aos equipos gañadores, que foron recoñecidos cunha viaxe á feira científica Zientzia Azoka, en Bilbao, ademais dun cheque de 500 € para cada centro, destinado á adquisición de material científico e tecnolóxico.
O xurado, baseándose nos criterios de valoración establecidos nas bases do programa, decidiu outorgar os seguintes premios:
Premio á sostibilidade: "Recuperando a auga perdida", do IES Isaac Diaz Pardo (Sada).
Premio á innovación: "Auga limpa con enerxía verde. Innovacións tecnolóxicas nas torres de auga da cidade", do IES Rafael Puga Ramón (A Coruña).
Premio ao compromiso social: "Amor de auga lixeira", do IES Rafel Dieste (A Coruña).
Mención especial: "Investimento de futuro", do IES Isaac Diaz Pardo (Sada).
Premio de vídeo (por votación popular): "O río, o noso veciño", do IES lsaac Diaz Pardo (Sada).
Programa ao que pertence
O programa Imaxina Coruña nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de secundaria. A organización proporá un tema que servirá de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando ferramentas científicas, tecnolóxicas e matemáticas (STEM) que teña como finalidade contribuír á resolución dun problema real da sociedade. O proxecto finalizará coa presentación pública dos experimentos ou materiais creados que cheguen á fase finalista.
Máis informaciónDocumentos relacionados
Noticias relacionadas
Premio á sustentabilidade: "Recuperando a auga perdida", do IES Isaac Diaz Pardo (Sada)
Premio á sustentabilidade: "Recuperando a auga perdida", do IES Isaac Diaz Pardo (Sada)
Premio á innovación: "Auga limpa con enerxía verde. Innovacións tecnolóxicas nas torres de auga da cidade", do IES Rafael Puga Ramón (A Coruña)
Premio á innovación: "Auga limpa con enerxía verde. Innovacións tecnolóxicas nas torres de auga da cidade", do IES Rafael Puga Ramón (A Coruña)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible