Concello da Coruña

Concello da Coruña

Estas son as actividades de Fin de Ano dos programas da Coruña Tardes

Cando:

14 de decembro de 2023

Como peche de ano organízanse unha serie de actividades ao redor dos programas Arte e Cultura no centro, Deporte no centro e English Lab

Para pechar o ano, os equipos responsables da coordinación de actividades dos programas da Coruña Tardes organizou unha serie de actividades, que enumeramos a continuación:

ARTE E CULTURA NO CENTRO

Para varios grupos de Educación Infantil: DÚAS SESIÓNS DE NARRACIÓN ORAL da man de Ramiro Neira, no Fórum Metropolitano, nas seguintes datas:

  • Luns 18 de decembro de 2023. En horario de 16.30 a 17.30 h. 70 escolares aproximadamente + 8 educadores.
  • Martes 19 de decembro de 2023. En horario de 16.30 a 17.30 h. 70 escolares aproximadamente + 8 educadores.

Venres 15 de decembro, para varios grupos de E.P.: a OBRA DE TEATRO "EL TRAJE DEL NUEVO DEL EMPERADOR" da Pera Llimonera, no Fórum Metropolitano o, 16.30 a 17.30 h. 125 escolares + educadores.

DEPORTE NO CENTRO

Realización de varios ENCONTROS DEPORTIVOS, dentro e fóra do horario escolar, así como algunhas MOSTRAS DE PATINAXE para as familias dos/das escolares en actividade:

  • Mércores 13 de decembro: Encontro de baloncesto entre os CEIP Víctor López Seoane - Rosalía de Castro (17 a 18 h.).
  • Xoves 14 de decembro: Encontro de baloncesto entre os CEIP Juan Fdez. Latorre - Raquel Camacho (17 a 18 h.)
  • Sábado 16 de decembro: Encontro de xadrez, no Fórum Metropolitano, para escolares dos CEIP Alborada - Concepción Arenal - Rosalía de Castro (de 11.00 a 13.00 h.).
  • Martes 19 de decembro: Exhibición de patinaxe dos grupos de infantil do CEIP San Francisco Xabier (de 16.30 a 17.00 h.).
  • Martes 19 de decembro: Exhibición de patinaxe dos grupos de 1º e 2º de Ed. Primaria do CEIP San Francisco Xabier (de 17.30 a 18.00 h.).
  • Mércores 20 de decembro: Exhibición de patinaxe dos grupos de 4º a 6º de Ed. Primaria en CEIP San Francisco Xabier (de 16.30 a 17.00 h.).

Posiblemente algún centro máis fará xornada final de portas abertas con algunha actividade, pero están as datas sen concretar.

ENGLISH LAB (IDIOMAS NO CENTRO)

Luns 18 e martes 19 de decembro, STORYTELLING & DRAMA (contacontos interactivo dramatizado), para E.I e de 1º a 3º de E.P., por Katarsys School of English & Performing Arts (de 16.30 a 17.30 h) no Centro cívico de Novo Mesoiro.

  • Luns 18: CEIP Anxo da Garda, CEIP Labaca, CEIP Sae Lence, CEIP Rosalía de Castro e CEIP San Pedro de Visma.
  • Martes 19: CEIP Manuel Murguía, CEIP Ramón da Sagra e CEIP Raquel Camacho.

PASSWORD, para 4º a 6º de educación primaria, en cada centro.

Consulta máis información sobre os respectivos programas:

Arte e cultura no centro 2023-24

Deporte no centro 2023-24

Idiomas no centro 2023-24

Programa ao que pertence

  • Idiomas no centro 2023-24

    A actividade de lecer "Idiomas no centro", é unha proposta centrada nas linguas estranxeiras, co fin de ofrecer unha vertente máis lúdica do achegamento ás mesmas. Organízase a través de dúas propostas diferenciadas: ENGLISH LAB (inglés) e ON PARLE (francés).

    Máis información
  • Deporte no centro 2023-24

    É un programa integral de actividades físico-deportivas para o alumnado dos centros educativos públicos da cidade, desde a filosofía do 'deporte para todos'.

    As propostas deportivas realízanse en horario extraescolar, nas propias instalacións dos centros e os eventos especiais e competicións, nas instalacións deportivas municipais.

    Máis información
  • Arte e cultura no centro 2023-24

    O programa de "Arte e Cultura no Centro" é unha proposta de lecer educativo que complementa a xornada lectiva, persegue o desenvolvemento integral (físico, intelectual e social) dos nenos e nenas nunha contorna lúdica, de diversión e entretemento (aprender xogando) e comprende un amplo abano de actividades artísticas e culturais. Organízanse a través de dúas propostas diferenciadas: "OBRADOIROS" e/ou "LUDIVERSO".

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión