22 de xaneiro de 2025
Persoal técnico da Asociación STOP Accidentes acompañou as familias e docentes ao longo do percorrido
A Escola Infantil Municipal Monte Alto realizou o martes 21 de febreiro unha nova actividade con familias. Coa colaboración da Asociación STOP Accidentes, pais e nais, nenos e nenas e docentes, percorreron as rúas próximas á escola ata chegar á praza Indalecio Prieto, onde se atopa o mercado provisional de Monte Alto.
Durante o percorrido, Jorge e Divinia, técnicos de STOP Acccidentes, falaron dalgúns aspectos básicos de seguridade á hora de andar pola rúa, advertindo e poñendo exemplos dalgunhas situacións nas que, por incumprimento das normas por parte dos/as condutores/as de vehículos, se require maior coidado para camiñar con seguridade pola rúa.
Entidades
Noticias relacionadas
Familias da EIM Monte Alto percorren as rúas do barrio nunha actividade sobre a importancia da seguridade viaria (1)
Familias da EIM Monte Alto percorren as rúas do barrio nunha actividade sobre a importancia da seguridade viaria (2)
Familias da EIM Monte Alto percorren as rúas do barrio nunha actividade sobre a importancia da seguridade viaria (3)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible