Concello da Coruña

Concello da Coruña

Feira de Ideas e entrega de premios do programa Inicia

Terá lugar no auditorio do Fórum Metropolitano. A Feira de Ideas celebrarase pola mañá, mentres que a entrega de premios será pola tarde.

O Fórum Metropolitano acolle, o martes 24 de febreiro, a Feira das Ideas, unha iniciativa que forma parte do programa educativo municipal Inicia 2025-26 , e coa que o Concello, en colaboración con Espazocoop, busca fomentar o espírito emprendedor entre o alumnado dos ciclos formativos de Formación Profesional (FP) e ensinos especiais na cidade da Coruña.

Horarios

  • Feira das Ideas: martes 24, de 10:00 a 14:30 horas, no auditorio do Fórum Metropolitano.
  • Sesión de tarde, na que varias persoas emprendedoras transmitirán as súas experiencias persoais e profesionais: martes 24, de 16:00 a 18:00 horas, no auditorio do Fórum Metropolitano.
  • Entrega de premios aos tres proxectos gañadores da XVIII edición do programa Inicia: a partir das 18:00 horas.

Máis información: A Coruña premiará o espírito emprendedor do alumnado de FP e ensino especial na Feira de Ideas do vindeiro martes 24, no Fórum Metropolitano

Programa ao que pertence

  • Inicia 2025-26

    Programa de difusión do espírito emprendedor entre o alumnado de Centros con ciclos formativos de Formación Profesional e Ensino Especial situados no municipio da Coruña. O programa proporciona apoio ao profesorado dos centros participantes mediante a formación e tutorización ao alumnado. Ademais ofrécense premios que priman as mellores iniciativas emprendedoras.

    O alumnado poderá optar a participar nunha feira na que se premian os tres mellores proxectos.

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión