Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Feira de Ideas e Premios "Imaxina Coruña". Data prevista: sábado 13 de abril de 2024 , na Domus.
A feira Imaxina Coruña celebrarase en horario de mañá e/ou tarde nas instalacións da Domus.
Aos proxectos finalistas facilitaráselles un espazo (posto) rotulado co nome do centro ao que representan, así como co título do proxecto.
Neste espazo o alumnado presentará ao público os seus proxectos e poderá acompañalos de vídeos expositivos, materiais publicitarios, audiovisuais, teatrais ou calquera outra ferramenta ou medio que estime oportuno co fin de conseguir un maior atractivo e atención sobre a súa proposta.
Un xurado júnior composto por un mínimo de 3 mozos/os con experiencia en actividades científicas (membros do club da ciencia, participantes en feiras científicas, premiados en proxectos de ciencias ou tecnoloxía, STEMBac...), asesorados por persoal dos Museos Científicos, visitarán os espazos de exposición para valoralos.
Unha vez visitados os espazos, o xurado retirarase a deliberar para comunicar o veredicto dos proxectos premiados. Para a devandita valoración o xurado deberá ter en conta: a autenticidade das investigacións, a súa orixinalidade, o seu rigor científico e tecnolóxico, o sentido crítico, a súa viabilidade, capacidade para mellorar a vida das persoas e todos aqueles aspectos que demostren curiosidade e constancia.
O xurado levantará acta do desenvolvemento e conclusións do fallo, para o que actuará de secretario un/a técnico/a de o SME.
A decisión do xurado será inapelable. Pódese declarar deserto algún dos premios se así o considera.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible