02/06/2025
Xa rematou
De 18.30 a 20.00 horas
Centro Cívico San Diego. Parque de San Diego s/n. 15006 A Coruña
Tras a publicación das listas definitivas de persoas seleccionadas, excluídas e en lista de espera, convócase as familias das persoas seleccionadas e das dez primeiras da lista de espera a unha sesión informativa sobre o programa.
O Concello da coruña, tras publicar as listaxes definitivas de persoas seleccionadas, excluídas e en lista de espera no programa Idiomas do mundo 2025 , convoca as familias das persoas seleccionadas e das dez primeiras da lista de espera (número de orde do 33 ao 42) a unha sesión informativa sobre o programa, que se realizará o luns 2 de xuño, ás 18.30 horas, no salón de actos do Centro Cívico Municipal de San Diego (parque de San Diego s/n, 15006, A Coruña).
Cabe lembrar que, coa publicación das listas definitivas, ábrese un prazo de dez días hábiles, do 28 de maio ao 10 de xuño (ambos os días incluídos) para aceptar ou renunciar á praza.
Programa ao que pertence
O programa ofrece a oportunidade de perfeccionar o dominio de idioma inglés e profundar no coñecemento real doutra cultura, obtendo ademais un certificado oficial do nivel alcanzado segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).
Máis informaciónDocumentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible