Concello da Coruña

Concello da Coruña

II Ciclo de Conferencias “Memoria Democrática, a debate”: Transición. Dentro e fóra da Ditadura

O Concello da Coruña e a UNED reunirá a expertos de recoñecido prestixio e textos da época os días 10, 11 e 12 de novembro no centro sociocultural Ágora.

Ligazón ás xornadas en liña

Os obxectivos deste ciclo de conferencias son debater e xerar coñecemento sobre esta parte tan relevante do noso pasado e presente. Na liña iniciada coas primeiras xornadas, realizada en decembro do 2020, o Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Memoria Histórica, pretende achegar á cidadanía ferramentas con capacidade para analizar o pasado máis recente.

Estas xornadas abordarán o proceso de como foi posible converter a ditadura máis duradeira de Europa tras a Segunda Guerra Mundial nunha democracia perfectamente homologable cos países e contextos sociais da súa contorna. A modernización económica xa comezara anos antes, era preciso axustar as institucións ao contexto político europeo. E fíxose a través dun proceso de 'transición', non de 'ruptura'. Unha 'transición' considerada modélica por moitos desde os anos noventa do século XX. Un enorme esforzo cara á convivencia e a tolerancia, dotado dun elevado grao de incerteza.

Entre os días 10 e 12 de novembro do 2021 asistiremos a debates de recoñecidos expertos e testemuñas daquel pasado sobre como se fixo aquela 'transición', aquel salto cara á democracia que nos fixo ser o que somos hoxe en día.

A actividade poderase seguir tanto de maneira presencial como en liña (en directo e en diferido). Está permitida a asistencia presencial, condicionada ao cumprimento das medidas de seguridade e hixiene, así como á normativa vixente no momento da celebración.

A coordinación académica do ciclo e a moderación das conferencias corre a cargo de Emilio Grandío Seoane, profesor titular de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela. A dirección académica corresponde a Abdón Mateos López, catedrático de Historia Contemporánea da UNED.

Programa

Mércores, 10 de novembro

17.30-21.00 h: Relatos dun tempo incerto. Testemuñas sobre a transición

  • Fernando González Laxe, catedrático de Economía Aplicada e ex-presidente da Xunta de Galicia
  • Gonzalo Vázquez Pozo, profesor de Ensino Secundario. 1º Tenente de Alcalde dá Corporación Domingos Merino (1979-1981)
  • Suso Díaz, secretario xeral do S.N. de CCOO de Galicia, 1989-2000

Xoves, 11 de novembro

17.30-21.00 h: Construíndo democracia desde as marxes do sistema

  • Emilio Grandío Seoane, profesor titular de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela
  • Abdón Mateos López, catedrático de Historia Contemporánea da UNED
  • Alberto Sabio Alcutén, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Zaragoza

Venres, 12 de novembro

17.30-21.00 h: A Transición desde dentro do réxime

  • Gutmaro Gómez Bravo, profesor titular de Historia Contemporánea na Universidade Complutense de Madrid
  • Carme Molinero Ruíz, catedrática de Historia Contemporánea da Universidade Autónoma de Barcelona
  • Julio Ponce Alberca, profesor titular de Historia Contemporánea na Universidade de Sevilla.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión