3 de novembro de 2023
O concurso desenvolverase dende o mes de novembro de 2023 ata o mes de abril de 2024
Amplíase o prazo de inscrición ata o venres 17 de novembro, para os centros educativos da cidade e área metropolitana de educación secundaria obrigatoria e bacharelato que estean interesados en participar.
Posteriormente terán tempo ata o venres 22 de marzo de 2024 para a presentación da memoria final dos proxectos, ca titorización e asesoramento na elaboración dos traballos por parte do persoal especialista e dos Museos Científicos Coruñeses a través do correo electrónico imaxina@coruna.gal.
E despois da valoración das memorias e selección de proxectos polo xurado senior farase a presentación pública na Feira de Ideas e Premios "Imaxina Coruña", o sábado 13 de abril de 2024, na Domus.
Programa ao que pertence
O Servizo de Educación, en colaboración co Servizo de Cultura, organiza a III edición do programa IMAXINA CORUÑA, para o curso escolar 2023-2024.
O programa Imaxina Coruña nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de secundaria.
A organización proporá un tema que servirá de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando ferramentas científicas, tecnolóxicas e matemáticas (STEM) que teña como finalidade contribuír á resolución dun problema real da sociedade. O proxecto finalizará coa presentación pública dos experimentos ou materiais creados que cheguen á fase finalista.
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible