17 de febreiro de 2025
O vindeiro xoves 20 de febreiro, nenos e nenas da escola participarán nesta actividade que forma parte do proxecto "Mercado".
A Escola Infantil Municipal de Monte Alto realizará, o vindeiro xoves 20 de febreiro, unha nova actividade relacionada cos proxectos "Mercado" e "A tenda de Antón", os cales forman parte da historia educativa da escola.
Acompañados por persoal docente e familiares, nenos e nenas do grupo de 2-3 anos visitarán as instalacións do Mercado provisional de Monte Alto.
A tenda de Antón
A relación da escola co mercado municipal do barrio fixo posible o crecemento da súa actividade didáctica e a creación do espazo "A tenda de Antón", onde nenos e nenas de toda a cidade xogan a comprar e vender. Esta experiencia está valorada por UNICEF como "Boa práctica educativa" desde o ano 2016.
A música que acompaña ao vídeo de presentación da actividade foi gravada polo grupo Pirilampo, creador das cancións deste proxecto de escola, o día da súa presentación pública.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible