6 de maio de 2024
Prazas con poder e A cidade de María Pita foron os itinerarios que se realizaron a pasada semana
O alumnado de 6.º de E.P. do CEIP María Barbeito gozou do itinerario "Prazas con poder" nos días 29 e 30 de abril, nos que puideron coñecer a historia da praza de Azcárraga, acceder á Capitanía e ao Salón de Plenos da Casa Consistorial.
O día 2 de maio, o alumnado de 4.º de E.P. do CEIP Torre de Hércules, fixo o itinerario "A cidade de María Pita" para coñecer algo máis sobre a historia e os acontecementos da nosa cidade.
Programa ao que pertence
Itinerarios pola cidade para coñecer a súa historia e algúns dos edificios emblemáticos mediante actividades de observación.
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible