Concello da Coruña

Concello da Coruña

Máis de 500 alumnos e alumnas descubriron os segredos da cidade nunha nova quenda das Rutas urbanas animadas

Cando:

10 de abril de 2025

As rutas discorreron polo parque de Santa Margarida, a praza de María Pita e os xardíns de Méndez Núñez.

O programa Rutas urbanas animadas 2024-25 , organizado polo Servizo Municipal de Educación e a Federación das ANPA de centros públicos, segue dando a coñecer a historia detrás dalgúns espazos emblemáticos da cidade a alumnos e alumnas de educación infantil e educación primaria.

A semana do 31 de marzo ao 4 de abril foi a quenda para un total de 585 participantes de 16 centros da cidade, distribuídos en 31 grupos de escolares de 4.º de E.I, e 1.º e 2.º de E.P.

As rutas urbanas animadas discorreron, na súa maioría, polo parque de Santa Margarida, aínda que tamén houbo grupos que acudiron á praza de María Pita ou á zona dos xardíns de Méndez Núñez.

A relación de centros que participaron é a seguinte: Alborada, Aneja, Cidade Vella, Eusebio da Guarda, Juan Fernández Latorre, Labaca, María Barbeito, María Pita, Novo Mesoiro, Ramón de la Sagra, Raquel Camacho, Sal Lence, Salgado Torres, San Francisco Xabier , Víctor López Seoane e Wenceslao Fernández Flórez.

O programa desenvólvese ata finais de maio. Pódense consultar as próximas rutas programas desde a seguinte ligazón: calendario de próximas rutas programadas.

Programa ao que pertence

  • Rutas urbanas animadas 2024-25

    Percorridos a pé pola cidade para escolares desde os tres ata os oito anos, co obxecto de que coñezan a súa cidade á vez que adquiren valores e actitudes cívicas, realizando actividades didácticas.

    Máis información
  • Rutas urbanas animadas (31/03 - 04/04)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión