Concello da Coruña

Concello da Coruña

María Pita acolle un ano máis o Pleno Infantil que conmemora o Día Mundial da Infancia

Cando:

30 de novembro de 2023

Inés Rey eloxiou o traballo levado a cabo polos nenos e nenas en materias como a educación, a saúde, o medio ambiente e o xogo

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá no Palacio Municipal as persoas representantes dos sete centros educativos que participan no Pleno Infantil. O pleno realízase con motivo do Día Mundial da Infancia, que foi o pasado 20 de novembro, e dáselle a posibilidade ao alumnado de participar de forma activa na gobernanza local. A rexedora estivo acompañada da concelleira da Área de Benestar Social, Yoya Neira, e do concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego. Tamén asistiu o vogal da xunta directiva de UNICEF Galicia, Julio Fernández Vázquez.

Un total de 50 nenos e nenas achegáronse a María Pita en representación dos sete centros educativos, acompañados por compañeiros e compañeiras e profesorado responsable. Os representantes presentaron as súas conclusións, froito do traballo baseado na Convención sobre os Dereitos dos Nenos a cada unha das escolas: o CPR Calasanz PP Escolapios falou de educación, o CPR Sagrado Corazón - Franciscanas tratou o tema da protección, o CEIP Ramón de la Sagra explicou as súas conclusións sobre saúde, o CPR Cid tratou a participación, o CPR Salesianos San Juan Bosco falou do dereito ao medio ambiente, o CPR Esclavas del Sagrado Corazón fixo fincapé en cuestións relacionadas coa igualdade e o CPR Santo domingo do dereito ao xogo das/os menores.

 "É importante convocar este Pleno Infantil para escoitar o moito que traballastes nas vosas propostas en cuestións clave para o progreso, e darvos un espazo propio para expresar as vosas ideas, opinións e propostas para A Coruña" sinalou a rexedora. Inés Rey destacou a realización de programas educativos como o Proxecto Semente ou as máis de 70 actividades do programa Coruña Educa, deseñados co obxectivo de fomentar a participación e desenvolver unha conciencia crítica na infancia.

A rexedora destacou o papel importante que xoga a mocidade no presente e futuro da cidade, incidindo en que, o vindeiro 2024, o Goberno municipal ampliará, entre outras cuestións, o orzamento das bolsas comedor de 1,7 a 2,5 millóns de euros. Tamén destacou a importancia de dotar espazos para o ocio dos máis pequenos e pequenas, a través do Plan integral de mellora dos parques infantís, que nestes momentos permite a renovación deste espazo en San Xaime, na Sagrada Familia, e que nos últimos meses acometeu a creación de máis de 100 novas estruturas de xogo inclusivas. "A Coruña é tamén a cidade dos nenos e nenas, porque vós axudádesnos a seguir facendo a mellor cidade para todos e todas" concluíu a alcaldesa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión