Concello da Coruña

Concello da Coruña

María Teresa Fernández de la Vega intervirá o 31 de xaneiro no Foro Pensando en Educación

Cando:

10 de novembro de 2021

A conferencia "Educación: onde comeza todo", prevista para o 26 de novembro, tivo que ser aprazada por motivos de axenda do Consello de Estado

Finalmente, a conferencia "Educación: onde empeza todo" celebrarase o 31 de xaneiro de 2022 ás 19.30 h no Paraninfo da Universidade da Coruña, en modalidade presencial e en liña na canle de YouTube da Concellaría de Educación da Coruña, a través da seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=I8Sq0hVN6Og

María Teresa Fernández de la Vega

María Teresa Fernández de la Vega é licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e doutora honoris causa pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo. Entre 1994 e 1996 foi vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial. Foi deputada no Congreso entre 1996 e 2010, e desde 2004 ata 2010 foi vicepresidenta do Goberno, ministra de Presidencia e voceira do Goberno.

Na actualidade é a presidenta do Consello de Estado, do que forma parte desde 2010. É a primeira muller en presidilo. Fernández de la Vega creou en 2012 a fundación Mulleres por África, que preside desde entón.

Programa ao que pertence

Documentos relacionados

  • Dossier I FORO EDUCACIÓN A CORUÑA (5 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión