Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
17 de febreiro de 2021
A Fundación Yehudi Menuhin colabora co Servizo Municipal de Educación a través deste proxecto dirixido ao alumnado de Infantil a 2.º de ESO
O programa realízase a través de sesións e talleres impartidos por artistas en activo, de diferentes culturas, cunha elevada formación artística e experiencia pedagóxica, nos que se tenta que as persoas participantes (menores, familias e docentes) canalicen a súa creatividade, reforcen a súa propia estima e melloren as súas aprendizaxes.
Estas son algunhas das actividades desenvolvidas no marco do programa MUS-E durante este curso.
Programa ao que pertence
A finalidade do Programa MUS-E é o traballo desde as artes, no ámbito escolar, como ferramenta que favorece a integración social, educativa e cultural do alumnado e as súas familias, mellorando con iso o seu rendemento na aula.
MUS-E fai fincapé na importancia do diálogo e a interacción así como o desenvolvemento da creatividade e a imaxinación na práctica educativa para a mellora das aprendizaxes na escola e o traballo en valores.
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible