Concello da Coruña

Concello da Coruña

Nace o CLIAC, froito do Pleno Infantil do curso pasado

Cando:

5 de outubro de 2022

Co obxectivo de dar a coñecer esta nova iniciativa, o próximo xoves 13 de outubro, ás 10:00 horas celebrarase unha sesión informativa en liña

O Departamento de Educación do Concello de Coruña promove para este curso escolar 2022/2023 a posta en marcha do Consello Local da Infancia da Coruña (CLIAC), tras a experiencia e a proposta trasladada no Pleno Infantil do pasado novembro de 2021. O CLIAC é tanto un proceso como un programa de participación infantil dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria dos centros da Coruña, que se desenvolverá nos próximos meses.

Este proceso comezará liderado polo profesorado, que co apoio dunha guía didáctica traballará nas aulas contidos e dinámicas sobre dereitos da Infancia, participación cidadá e valores democráticos, facilitando que nenas e nenos comecen a valorar a participación cidadá e recoñezan a súa capacidade como axentes de cambio. Logo abrirase un proceso de candidaturas que culminará coa constitución formal do propio Consello Local da Infancia da Coruña, o CLIAC. Este será o órgano dende o que nenas e nenas, representantes da infancia, trasladen periodicamente ao Concello necesidades, propostas ou suxestións sobre aquelas cuestións que lles afectan no día a día, exercendo así o seu dereito á participación.

Co obxectivo de explicar en detalle este proceso e resolver calquera dúbida, celebrarase unha sesión informativa en liña que terá lugar o próximo xoves 13 de outubro, ás 10:00 horas.

Programa ao que pertence

  • Consejo Local de la Infancia de A Coruña

    Ou Concello dá Coruña, a través do Servizo de Educación, promove ou proceso de activación do Consello Local dá Infancia dá Coruña, CLIAC. Un proceso e un programa de participación infantil a desenvolver durante ou curso escolar 2022-2023 que dá continuidade ao traballo realizado por un grupo de centros durante ou pasado curso, que tivo a súa conclusión non Pleno Infantil celebrado en novembro de 2021. Nese encontro, as meniñas e nenos participantes trasladaron a necesidade de constituír un órgano estable de participación infantil, garantindo ou dereito á participación dá infancia, recollido na Convención sobre vos Dereitos do Neno, aprobada en 1989. Ou seu obxectivo último é constituír un grupo estable de traballo con meniñas e nenos dá cidade que traslade a voz dá infancia ás políticas públicas do Concello.

    A lista de reprodución de CLIAC non canle de YouTube de Educación e Memoria Histórica está dispoñible cos vídeos deste prograama.

    Máis información
  • Consello Local da Infancia da Coruña

    O Concello da Coruña, a través do Servizo de Educación, promove o Consello Local da Infancia da Coruña, CLIAC, cuxo obxectivo é constituír un grupo estable de traballo con nenos e nenas da cidade que traslade a voz de infancia ás políticas públicas do Concello.

    Máis información

Documentos relacionados

  • CLIAC 1ª Reunión (256 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión