Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

O 13 de marzo celébrase a Gala do VII Certame de monólogos cómicos en galego 2019

A Concellaría de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña ten o pracer de invitar a toda a comunidade escolar da Coruña a asistir á gala do VII Certame de Monólogos Cómicos en Galego 2019, o mércores 13 de marzo, ás 18:00 h, no Teatro Rosalía de Castro. A ENTRADA É LIBRE E DE BALDE!

Particparán 62 alumnos/as, que realizarán 32 monólogos: 20 na categoría A (1.º e 2.º da ESO), 5 na B (3.º e 4.º da ESO) e 7 na C (bacharelato e FP).

Os monólogos deberán versar sobre un dos seguintes temas:

  • Categoría A: A música máis alá de OT / O grupo de whatsapp da miña clase.
  • Categoría B: Influencer, hater, swag, LOL.., así non se enteran os meus pais do que falo / Non teño tempo libre.
  • Categoría C: O futuro xa está aquí / Mamá, papá, quero ser influencer!

O alumnado participante provén dos seguintes 7 centros educativos da cidade: IES Elviña, IES Eusebio da Guarda, IES Monte das Moas, IES Ramón Menéndez Pidal, CPR Andaina, CPR Internacional Eirís e CPR Salesianos San Juan Bosco.

O acto, contará coa actuación da Agrupación de Música Tradicional da Escola Municipal de Música.

O xurado do certame estará composto por:

  • Luis Pousada, humorista e monologuista.
  • Adelaida Pittaluga, docente teatral e actriz.
  • Xulia Rigueiro García, técnica de Normalización lingüística do Concello da Coruña.
  • Secretaria (sen voto): Ana Judel Prieto, técnica de Educación do Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña.

O xurado valorará a orixinalidade do texto a calidade lingüística, corrección e fluidez, a dramatización do monólogo e negativamente si se exceden dos cinco minutos establecidos como tempo límite.

Outorgaránse en cada categoría os seguintes premios:

  • As persoas clasificadas en primeiro lugar en cada categoría recibirán un diploma acreditativo da súa participación, dúas entradas de cada espectáculo do ciclo de monologuistas Falando Á Boca Chea (que se celebrará no Forum Metropolitano do 9 ao 13 de abril de 2019) e outras dúas para o ciclo Sen numerar. Primavera 2019.
  • As persoas clasificadas en segundo lugar en cada categoría recibirán un diploma acreditativo e dúas entradas de cada espectáculo do ciclo de monologuistas Falando Á Boca Chea.

Mais información:

Servizo Municipal de Educación. T: 981 18 400 ext 12038 educacion@coruna.es

Programa ao que pertence

  • Certame de monólogos cómicos en lingua galega

    Acción de dinamización lingüística consistente nun concurso de monólogos cómicos para potenciar a comprensión e a expresión oral, ademas da creatividade e a naturalidade no uso da lingua galega.

    O alumnado interesado poderá inscribirse no III Taller de Introdución á Interpretación de Monólogos Cómicos, que se realizará un sábado de febreiro de 2019, por determinar (de 17.00 a 21.00 h, e no Ágora); co obxecto de axudarlles a puír os seus textos e mellorar a súa interpretación cómica.

    Máis información
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?