Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Concello abre este mércores 6 de setembro unha nova convocatoria nas Escolas Infantís Municipais, cunha oferta de 102 prazas para o curso 2023-2024

Cando:

5 de setembro de 2023

Ofértanse prazas en cinco das EIM da Coruña. Están repartidas entre as da Agra do Orzán, Arela (Elviña), Carricanta (O Castrillón), Os Rosales e Os Cativos (Palavea)

O Concello da Coruña abrirá este mércores 6 de setembro unha nova convocatoria para a solicitude de prazas na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM), cunha oferta de 102 prazas destinadas a pequenas e pequenos nados entre os anos 2021 e 2023. O prazo de solicitude estará aberto desde mañá e ata o vindeiro venres 15 de setembro, ambas as datas incluídas.

Estas 102 prazas, correspondentes ao curso 2023-24 na REIM, repártense entre cinco das oito Escolas Infantís Municipais: EIM Agra do Orzán, EIM Arela (Elviña), EIM Carricanta (O Castrillón), EIM Os Rosales e EIM Os Cativos (Palavea).

Por tramos de idade, a relación de prazas libres nas EIM da Coruña é: 36 prazas en aulas de ata 1 ano de idade; unha praza en aulas de 2 a 3 anos de idade; e 65 prazas en aulas de 2 a 3 anos de idade.

A distribución, por Escolas Infantís Municipais, é a seguinte:

AULAS

A CARACOLA

AGRA DO ORZÁN

ARELA CARRICANTA

OS ROSALES

LUIS SEOANE

MONTE ALTO OS CATIVOS

0-1 (2023)

0 4 4 1 15 0 0 12

1-2 (2022)

0 0 0 0 0 0 0 1

2-3 (2021)

0 12 11 4 20 0 0 18

A solicitude de praza na Rede de Escolas Infantís Municipais

A documentación e a ficha de solicitude asinada polos dous proxenitores deberá presentarse, preferiblemente, no rexistro electrónico do Concello ( Sede electrónica ), nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de Procedemento Administrativo.

A información completa pode consultarse na web do  Proceso de admisión na REIM .

O calendario do proceso de solicitude e admisión

O Concello habilitará este mércores 6 o prazo de solicitude das prazas vacantes, que estará aberto ata o venres 15 de setembro. 

A publicación das listaxes definitivas será o martes 26 de setembro, paso previo á apertura do prazo de matrícula, que estará habilitado desde o mércores 27 de setembro.

A Rede de Escolas Infantís Municipais ofrece un servizo ás familias de xeito gratuíto, iniciativa na que o Goberno de Inés de Rey foi pioneiro en Galicia, polo que as matrículas son de balde para os interesados, así como as oito horas de atención educativa gratuíta.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión