Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Concello abre unha nova convocatoria nas Escolas Infantís Municipais, con 146 prazas para o curso 2023-2024

Cando:

28 de xuño de 2023

Na actualidade, ofértanse prazas na EIM A Caracola (Novo Mesoiro), EIM Agra do Orzán, Arela (Elviña), Carricanta (Castrillón), Os Rosales, Luís Seoane (Monte Alto) e Os Cativos (Palavea)

O Concello da Coruña abriu hoxe unha nova convocatoria para a solicitude de prazas na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM), cunha oferta de 146 prazas destinadas a pequenas e pequenos nados entre os anos 2021 e 2023. O prazo de solicitude estará aberto ata o vindeiro venres 7 de xullo.

Estas 146 prazas, correspondentes ao curso 2023-24 na REIM, repártense entre sete das oito Escolas Infantís Municipais: EIM A Caracola (Novo Mesoiro), EIM Agra do Orzán, EIM Arela (Elviña), EIM Carricanta (Castrillón), EIM Os Rosales, EIM Luís Seoane (Monte Alto), EIM de Monte Alto e EIM Os Cativos (Palavea).

Por tramos de idade, a relación de prazas libres é: 61 prazas en aulas de ata 1 ano de idade e 85 en aulas de 2 a 3 anos de idade.

A distribución, por Escolas Infantís Municipais, é a seguinte:

AULAS

A CARACOLA

AGRA DO ORZÁN ARELA CARRICANTA OS ROSALES LUIS SEOANE MONTE ALTO OS CATIVOS

0-1 (2023)

5 7 6 0 18 13 0 12

1-2 (2022)

0 0 0 0 0 0 0 0

2-3 (2021)

0 14 13 9 19 12 0 18

A solicitude de praza na Rede de Escolas Infantís Municipais

As solicitudes, xunto co resto da documentación necesaria, poden presentarse desde hoxe no rexistro municipal (presencial ou telemático). No caso de tramitar a solicitude en cuestión por outro medio permitido pola Lei de Procedemento Administrativo, as persoas interesadas deberán informar ao Servizo Municipal de Educación a través do correo electrónico escuelasinfantiles@coruna.gal.

A información completa sobre o proceso de admisión na REIM pode consultarse na web sobre a  Admisión nas Escolas Infantís Municipais .

O calendario do proceso de solicitude e admisión

O Concello habilitou hoxe o prazo de solicitude das prazas vacantes e estará aberto ata o venres 7 de xullo. 

Xa o mércores 12 de xullo publicarase a listaxe provisional, abríndose o xoves 13 de xullo o prazo de emendas e alegacións, que seguirá aberto ata o mércores 19 do mesmo mes.

A publicación das listaxes definitivas será o mércores 26 de xullo, paso previo á apertura do prazo de matrícula, que estará habilitado entre o xoves 27 e o venres 28 de xullo.

A Rede de Escolas Infantís Municipais ofrece un servizo ás familias de xeito gratuíto, iniciativa na que o Goberno de Inés de Rey foi pioneiro en Galicia, polo que as matrículas son de balde para os interesados. 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión