11 de xullo de 2026
Un total de 15 nenos e nenas se repartirán os postos nos cinco grupos, que inclúen multideporte e judo adaptados e creación artística e artes escénicas exclusivas
O Concello adxudicou 62 prazas para as actividades gratuítas no CEE Nosa Señora do Rosario, dirixidas ao alumnado con necesidades especiais de cara ao curso 2026-2027. Inicialmente, a previsión era de 48 prazas, pero ante a petición da maioria do alumnado de asistir a máis dunha actividade ao longo da semana, resolveuse ampliar o programa. En total, participarán 15 nenos e nenas nos cinco grupos.
Este proxecto pioneiro é unha iniciativa enmarcada no plan do Goberno de Inés Rey para promover a práctica do deporte e o desenvolvemento de habilidades nunha contorna segura e dentro dun programa definido e adaptado.
"No Goberno municipal estamos moi orgullosos de sacar adiante un programa tan importante como este. Así reivindicamos o dereito de todos as nenas e nenas a desenvolver as súas capacidades nunha contorna segura e con profesionais capaces de atender as súas necesidades. Esa é a senda que queremos seguir, a dunha cidade aberta e cos mellores servizos", apuntou o concelleiro de Educación, Innovación Tecnolóxica e Formación, Juan Ignacio Borrego.
Tras a resolución da adxudicación de postos, o prazo de aceptación será do 15 ao 24 de xullo. As cinco actividades desenvolveranse de luns a venres en horario de 15.00 a 17.00 (aínda que a saída do alumnado poderá adaptarse ás necesidades de conciliación das familias). Os grupos que se formarán son:
Luns: multideporte adaptado (13 prazas)
Martes: multideporte adaptado (15 prazas)
Mércores: judo adaptado (11 prazas)
Xoves: multideporte adaptado (11 prazas)
Venres: creación artística e artes escénicas inclusivas (12 prazas)
"O noso programa é pioneiro e será un gran primeiro paso cara unha oferta educativa máis diversa na cidade. Sin embargo, para garantir a verdadeira conciliación e o desenvolvemento das actividades, o Concello pide á Xunta que faga a súa parte do traballo e ofreza transporte adaptado aos nenos e nenas, aliviando esa responsabilidade ás familias. É a demanda lexítima dos pais e nais ante unha competencia que a Xunta non debe seguir eludindo", remarcou o Juan Ignacio Borrego, quen recordou que aínda que o solicitaron en catro ocasións o delegado de Educación da Xunta todavía non se reuniu co Concello para falar dos distintos problemas e carencias dos servizos educativos na Coruña.
O desenvolvemento destas actividades, que será do 1 outubro de 2026 ao 18 de xuño de 2027, busca poñer o foco de atención nas necesidades dos escolares con necesidades educativas especiais reivindicando o seu dereito a ter un programa de actividades complementarias (fóra da súa xornada lectiva) a través do cal poidan practicar deporte e cultura do mesmo xeito que os demais nenos e nenas, de forma adaptada. Os grupos estarán formados por escolares de entre 6 e 21 anos, e as actividades levaranse a cabo no propio centro para facilitar a conciliación laboral e que as nenas e nenos non se teñan que desprazar a outros lugares.
A aceptación das prazas deberá ser asinada por ambos proxenitores ou titores legais e comunicada por escrito ao servizo municipal de Educación (SME), a través, da sede electrónica do Concello, nesta ligazón, ou nun rexistro público do Concello da Coruña de forma presencial. No caso de non poder realizar a aceptación da praza en las sedes anteriores, por motivos de coidado dun menor, poderá enviarse por correo electrónico a educacion@coruna.gal.
Un novo patio para o colexio
No mes de abril, o Concello tamén sacou a licitación a remodelación do patio do CEE Nosa Señora do Rosario, cun orzamento base de 107.420 €. Unha ampliación e renovación do espazo que busca adaptar as instalacións exteriores do centro ás necesidades particulares do alumnado, enriquecer as opcións de actividade da infancia e outorgarlles diferentes posibilidades dentro dun ámbito renaturalizado.
Programa ao que pertence
|
Publicada a resolución coa adxudicación de prazas. O prazo de aceptación formal das prazas adxudicadas permanecerá aberto do 15 ao 24 de xullo. Recomendámoslle ás familias que, aínda que fosen adxudicadas todas as actividades solicitadas, soamente acepten as que necesiten realmente. En setembro farase unha reunión por cada actividade coas persoas responsables, para que as familias poidan coñecelas. |
|---|
O proxecto piloto de actividades complementarias adaptadas no CEE Nosa Señora do Rosario busca poñer o foco de atención nas necesidades dos escolares con necesidades educativas especiais.
O alumnado con necesidades educativas especiais é único e igual ao mesmo tempo, polo que ten dereito a que se cre un programa de actividades complementarias (fóra da súa xornada lectiva) a través do que poidan practicar deporte e cultura do mesmo xeito que os demais nenos e nenas, aínda que de forma adaptada ás súas necesidades.
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible