11 de novembro de 2022
Durante esta semana, a rapazada achegouse a novas tecnoloxías de programación e simulación, e puxo a proba os coñecementos adquiridos a través de varios desafíos de dificultade progresiva
O Centro Sociocultural Ágora acolleu este venres o acto de entrega dos premios ás alumnas e alumnos gañadores dos concursos promovidos no contexto dos programas municipais de formación en Robótica e Drons, que impulsa a Concellaría de Educación.
Máis de 800 alumnos galegos de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional tomaron parte nesta duodécima edición do obradoiro 'A maxia da robótica', plantexado co obxectivo de formar á rapazada nos fundamentos da robótica e a programación, en robots Lego EV3, a través de Labview, o estándar en control do sector. Ademais, as mozas e mozos participantes, que traballaron en grupos, tiveron a oportunidade de competir nun concurso orientado a poñer a proba os coñecementos adquiridos no obradoiro, dunha serie de desafíos de dificultade progresiva.
No programa formativo de Robótica tomaron parte alumnas e alumnos de diversos centros educativos da cidade e a área metropolitana: os IES Monelos, IES Monte das Moas, IES Menéndez Pidal, IES Urbano Lugrís, IES Agra do Orzán, IES Rafael Dieste e o Colexio Plurilingüe Franciscanos, da Coruña; así como o IES Concepción Arenal, ubicado en Ferrol. Tras a proceso de puntuación en base á resolución de desafíos plantexados no concurso, os centros educativos gañadores no XIII Concurso Galego de Robótica resultaron ser o IES Agra do Orzán, o IES As Telleiras (Narón) e o IES Santo Tomé de Freixeiro (Vigo).
A formación para o manexo de drons
En paralelo, tamén se premiou ao alumnado participante no concurso de formación en Drons que se levou a cabo esta semana, entre o mércores 9 e xoves 10, na Universidade Laboral de Culleredo e o IES Menéndez Pidal, na Coruña.
Este concurso, promovido pola Institución Galega de Ciencia (Igaciencia) co apoio do Concello, dirixiuse tamén ao estudantado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional plantexado como unha actividade complementaria ao módulo de formación en Robótica. Neste sentido, e baixo un formato de talleres de formación e familiarización no manexo de drones, implicáronse alumnas e alumnos dos IES Agra do Orzán, IES Rafael Dieste, IES Monelos, IES Menéndez Pidal, IES Urbano Lugrís e os Colexio Plurilingüe Franciscanos e Montespiño, da Coruña; así como do IES Fin do Camiño, de Fisterra (A Coruña); IES de Brión (A Coruña); os IES Pedro Floriani e IES Gonzalo Torrente Ballester, de Redondela (Pontevedra); IES Santo Tomé de Freixeiro, de Vigo (Pontevedra); e CPI Virxe da Saleta, en Cea (Ourense).
No contexto do certame, a rapazada tivo a ocasión de achegarse ás novas tecnoloxías presentes no sector, así como ao manexo, simulación e programación coa aplicación Droneblocks.
Os centros educativos gañadores do II Concurso de Drons foron os seguintes:
O concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, dou a noraboa aos centros educativos gañadores e, en extensión, a todo o alumnado participante, "polo enxeño e imaxinación amosados". "Programas formativos como o de Robótica e Drons, ademais de achegar á mocidade á ciencia, investigación e novas tecnoloxías, tamén contribúen a fomentar o traballo colectivo na busca de solucións. É dicir, teñen unha transcendencia social en termos de valores", explicou. Ademais, Celemín reafirmou o compromiso do Goberno de Inés Rey para reforzar a aposta polos plans municipais de formación en ciencia e investigación, "sectores fundamentais para garantir avances na sociedade do futuro".
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible