17 de outubro de 2025
Está dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria dos CEIP da cidade. O debuxo gañador será utilizado pola Alcaldesa para felicitar o Nadal a todos os coruñeses e coruñesas.
O Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña pon en marcha o concurso de debuxo "postal de nadal de 2025", unha iniciativa que busca mostrar a creatividade das nosas nenas e nenos durantes estas festas.
O concurso está dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria dos CEIP da cidade, e o debuxo gañador será utilizado pola Alcaldesa para felicitar o nadal a todos os coruñeses e coruñesas.
A inscrición realizarase a través dos centros educativos, presentando os colexios os debuxos seleccionados ao Servizo Municipal de Educación do Concello ou a través da conserjería do centro. O prazo de inscrición será desde o 20 de outubro ata o 15 de novembro.
Os centros de liña 1 (1 grupo por curso) poderán presentar un máximo de 2 debuxos, os de liña 2 un máximo de 4 e os de liña 3 un máximo de 6 debuxos.
No caso de que sexan moitos/as os/as nenos e nenas que queiran participar, o ideal é que as/os propias/vos alumnas/fáganvos un pequeno proceso de selección interna para elixir os mellores debuxos.
Aspectos a ter en conta
Premios
O colexio gañador recibirá un agasallo moi especial. Unha actuación musical ou teatral sorpresa para que todas e todos gocedes no cole o último día antes das vacacións de Nadal.
Os/as nenos/as gañadores terán varios agasallos especiais:
Contacto
Servizo Municipal de Educación
Tlf. 981 184 200 (ext. 10179)
Eventos relacionados
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible