Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Concello da Coruña presenta o concurso de debuxo "postal de Nadal 2025"

Cando:

17 de outubro de 2025

Está dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria dos CEIP da cidade. O debuxo gañador será utilizado pola Alcaldesa para felicitar o Nadal a todos os coruñeses e coruñesas.

O Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña pon en marcha o concurso de debuxo "postal de nadal de 2025", unha iniciativa que busca mostrar a creatividade das nosas nenas e nenos durantes estas festas.

O concurso está dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria dos CEIP da cidade, e o debuxo gañador será utilizado pola Alcaldesa para felicitar o nadal a todos os coruñeses e coruñesas.

A inscrición realizarase a través dos centros educativos, presentando os colexios os debuxos seleccionados ao Servizo Municipal de Educación do Concello ou a través da conserjería do centro. O prazo de inscrición será desde o 20 de outubro ata o 15 de novembro.

Os centros de liña 1 (1 grupo por curso) poderán presentar un máximo de 2 debuxos, os de liña 2 un máximo de 4 e os de liña 3 un máximo de 6 debuxos.

No caso de que sexan moitos/as os/as nenos e nenas que queiran participar, o ideal é que as/os propias/vos alumnas/fáganvos un pequeno proceso de selección interna para elixir os mellores debuxos.

Aspectos a ter en conta

  • O máis importante é que os debuxos sexan feitos polos propios nenos/as. Non vale a axuda de pais, nais ou outra persoa adulta.
  • Todos os debuxos teñen que ser en cartolina de tamaño A4 con fondo branco e con cores. Non pode haber ningún tipo de adhesivo, releve nin brillantina.
  • Entregarase xunto cun sobre onde figure a folla de autorización para participar no concurso (dispoñible nos anexos).
  • Non debe vir ningún nome no propio debuxo.
  • O día 30 de novembro de 2025 farase a selección e elixirase ao/a gañador/a.

Premios

O colexio gañador recibirá un agasallo moi especial. Unha actuación musical ou teatral sorpresa para que todas e todos gocedes no cole o último día antes das vacacións de Nadal.

Os/as nenos/as gañadores terán varios agasallos especiais:

  1. O /a neno/a cuxo debuxo sexa elixido como Postal de Nadal 2025 do Concello da Coruña poderá coñecer aos Reis Meigos de Oriente e á Alcaldesa o día 5 de xaneiro de 2026 no Palacio Municipal da cidade. Virán acompañados/as dos seus familiares. Ademais, recibirá como regalo unha Nintendo Switch 2.
  2. A clase do neno/a gañador/a ,poderá participar como figurante na Cabalgata dos Reis Meigos o día 5 de xaneiro de 2026. Reservaremos un tren para todo o grupo.
  3. Farase un sorteo de 10 agasallos entre todos os debuxos seleccionados polos colexios e entregados ao Concello. Os agasallos serán elixidos pola Concellería de Educación e terán un importe estimado ao redor dos 150 euros cada un.

Contacto

Servizo Municipal de Educación

educacion@coruna.gal

Tlf. 981 184 200 (ext. 10179)

Documentos relacionados

  • Concurso de creatividade "postal de nadal 2025" - Bases do concurso (137 KB)
  • Concurso de creatividade "postal de nadal 2025" - Folla de autorización (56 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión