Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Concello premia a 51 nenos e nenas polos seus traballos a prol do uso do galego no certame ‘Cartas de verán’

Cando:

29 de decembro de 2023

O concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, felicitou á rapazada que participou na segunda edición do concurso promovido polo Servizo de Normalización Lingüística

O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, entregoulles hoxe os agasallos ás 51 nenas e nenos que participaron na segunda edición do certame 'Cartas de verán', unha iniciativa posta en marcha polo Concello a través do Servizo de Normalización Lingüística e que, durante a tempada estival, promoveu a escrita en lingua galega entre a cativada de ata 12 anos.

O concurso, que tivo continuidade neste 2023 durante o pasado mes de agosto, busca recuperar o antigo costume de escribir e recibir cartas ou tarxetas postais, un formato orientado a que a rapazada amose o seu talento e creatividade en galego, incidindo nas súas vivencias durante as vacacións de verán.

No acto de entrega dos agasallos, realizado no Centro Sociocultural Ágora, Gonzalo Castro resaltou o compromiso do Goberno de Inés Rey coa promoción e o uso da lingua galega, e recordou que no pasado mandato, e por primeira vez na historia do Concello, "se aprobou unha ordenanza municipal reguladora da lingua galega, que promove o seu uso nas actuacións administrativas, de documentación, comunicación social e nas relacións coa cidadanía, porque desde as administracións públicas debemos traballar para impulsar o uso e prestixio do noso idioma", subliñou a rexedora.

Neste sentido, o concelleiro, acompañado polo persoal técnico do Servizo de Normalización Lingüística, puxo en valor "a importancia que teñen certames como 'Cartas de verán' pola súa capacidade para lles chegar ás familias e aos fogares, que teñen un papel tamén fundamental no fomento da lingua galega", e felicitou as pequenas e pequenos participantes "pola súa imaxinación e capacidade de observación, moi necesarias na sociedade na que vivimos".

Grazas á adhesión do Concello ao programa Apego, que integra arredor de trinta concellos de toda Galicia, lévanse a cabo durante todo o ano, maioritariamente no Centro Sociocultural Ágora, múltiples espectáculos e contacontos para lles achegar a lingua galega a nenas e nenos en idades temperás.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión