Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

O luns 11 de maio retómase o proceso de escolarización tras a suspensión dos prazos por mor da crise da COVID-19

Cando:

7 de maio de 2020

Restablécese así o prazo de presentación de solicitudes do proceso de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21

O pasado 15 de marzo decretouse o estado de alarma a nivel nacional como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus e da enfermidade COVID-19, e suspendeuse o prazo para a presentación de solicitudes do procedemento de admisión de alumnado para o curso 2020/21.

Esta suspensión restablecerase o vindeiro luns 11 de maio, polo que se renovará o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma. Isto é, iniciarase o día 11 de maio de 2020 e finalizará o día 18 do mesmo mes.

A continuación desagréganse os novos prazos do procedemento:

- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020

- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020

- Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles que se contarán desde o seguinte ao da súa publicación.

- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020

- Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020

- Formalización da matrícula común en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 a 10 de setembro de 2020

REFERENCIAS LEGAIS

Consulta as referencias legais en base ao proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión