10 de maio de 2021
Debido a problemas de axenda, a conferencia de Maior Zaragoza programada para este mes de maio aprazarase a outono. "A educación emocional" do xuíz José Antonio Vázquez Taín celebrarase nas mesmas datas, o martes 18 de maio ás 19:30 no Paraninfo da UDC
Vázquez Taín é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Reside na Coruña desde 2007, cidade onde exerce de maxistrado. Con anterioridade traballou como xuíz en Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa. O seu labor á fronte de operacións xudiciais contra o narcotráfico é notorio. Destaca publicamente polo seu interese na difusión e achegamento do mundo da xustiza á cidadanía a través da colaboración con numerosos medios de comunicación.
De forma paralela, o ourensán desenvolveu unha carreira como autor con tres novelas (Más allá y más arriba, Al infierno se llega deprisa e El mar sin fondo), tres ensaios (Matar no es fácil, Grandes juicios de la historia e Pulso al Estado) e unha historia novelada sobre o Camiño de Santiago (Santiago. La leyenda del santo oculto).
Xa son accesibles as entradas abertas ao público en: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/conferencias/paraninfo-da-universidade/12097-i-foro-educacion-a-coruna-pensando-en-educacion-jose-antonio-vazquez-tain.html
Quen queira asistir por "streaming" poderano facer a través de "Coruña Educa", a canle de Youtube da concellería: https://www.youtube.com/watch?v=rTZ2amA4QnY
Programa ao que pertence
Esta serie de conferencias permite coñecer o panorama actual do ensino desde diferentes ópticas.
Máis informaciónDocumentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible