Concello da Coruña

Concello da Coruña

Os gañadores do concurso Imaxina Coruña 2022 están xa na feira de ciencia de Bilbao

Cando:

3 de xuño de 2022

Os gañadores do concurso Imaxina Coruña 2022 foron os equipos do CPR Corazón Franciscanas e do IES Urbano Lugrís

Os gañadores do concurso Imaxina Coruña 2022, os equipos do CPR Corazón Franciscanas e do IES Urbano Lugrís, están xa na feira de ciencia de Bilbao cos seus proxectos Biopen, Micotectura e Remoldeado.

A 10ª edición de Elhuyar Zientzia Azoka en Bilbao, que se celebra do 2 ao 5 de xuño, mostrará 200 proxectos elaborados por mozos durante o curso e haberá, ademais, obradoiros, experimentos e espectáculos de ciencia.

Desde a súa primeira edición en 2013 ata a data, preto de 6.000 mozos de entre 12 e 18 anos participaron na Elhuyar Zientzia Azoka. En total realizáronse 900 proxectos de investigación ou proxectos tecnolóxicos, dos que preto de 700 presentáronse en Elhuyar Zientzia Azoka, en Bilbao.

Programa ao que pertence

  • Concurso Imaxina Coruña 2021-22

    O Servizo de Educación, en colaboración co Servizo de Cultura, organiza a I edición do programa IMAXINA, para o curso escolar 2021-2022.

    O programa Imaxina nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre os alumnos e alumnas de secundaria.

    A organización proporá un tema que servirá de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando ferramentas científicas, tecnolóxicas e matemáticas (STEM) que teña como finalidade contribuír á resolución dun problema real da sociedade. O proxecto finalizará coa presentación pública dos experimentos ou materiais creados que cheguen á fase finalista.

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión