19 de novembro de 2025
Pleno Infantil Galego o día 21 de novembro, en Santiago de Compostela.
Con motivo do Día da Infancia, o día 21 de novembro unha representación do Concello da Coruña asistirá ao Pleno Infantil do Parlamento Galego, en Santiago de Compostela.
Participarán unha representante municipal do Servizo de Educación e un menor membro do Consello Local de Infancia do Concello da Coruña e do Consello Autonómico de Infancia.
Este acto está organizado por UNICEF en colaboración con outros Concellos de Galicia, onde se lerá un manifesto sobre a promoción e defensa dos dereitos da infancia.
A sociedade galega únese a este día mundial para lembrar que todos os nenos e as nenas teñen dereito á saúde, a educación e a protección, independentemente do lugar do mundo no que nacesen. Dedicar un día mundial á infancia tamén serve para facer un chamamento mundial sobre as necesidades dos máis pequenos e para recoñecer o labor das persoas que cada día traballan para que os nenos e as nenas teñan un futuro mellor.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible