Só da Coruña
Dende o 29/10/2025 ata o 30/10/2025
Xa rematou
De 17:30 a 21:00 horas.
Rúa Manuel Murguia 44. 15011 A Coruña
Servizo Municipal de Educación
Servizo Municipal de Educación
Tel. 981 184 200, ext: 10179
Fernando Briones
Servizo Municipal de Educación
O programa "Chorus - concerto pola Paz" continúa cun seminario dirixido ao profesorado de música dos centros educativos, que se celebrará os días 29 e 30 de outubro, de 17:30 a 21:00h, no auditorio do Conservatorio SUPERIOR de Música da Coruña.
O seminario intercentros de dirección coral infantil dirixido ao profesorado de música dos centros educativos inscritos no programa Chorus - Concerto pola Paz 2026 , terá lugar os días 29 e 30 de outubro, en dúas sesións, de 17:30h a 21:00h no Conservatorio Superior de Música da Coruña.
Impartido por Fernando Briones, catedrático de dirección do Conservatorio Superior de Música da Coruña, está dirixido ao profesorado de música dos centos inscritos no programa e que han de participar nas posteriores sesións preparatorias co alumnado.
O Centro de Formación do Profesorado, da Consellería de Educación, certificará a formación ao profesorado participante neste seminario.
Máis información na páxina do programa: Chorus - Concerto pola Paz 2026 .
Programa ao que pertence
O programa "Chorus" céntrase no ensino de técnicas de canto coral, que axudan a desenvolver os coñecementos musicais e outras capacidades, como o traballo en equipo, a capacidade de escoita, a comunicación ou a integración, entre outras.
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible