Concello da Coruña

Concello da Coruña

Proxecto final do programa Idiomas no centro - English Lab

Cando:

12 de decembro de 2025

Un total de 275 escolares participarán nas propostas educativas ata o próximo 18 de decembro.

Desde o pasado martes día 9 de decembro e ata o próximo 18 de decembro, o programa educativo Idiomas en el centro 2025-26 está a levar a cabo o seu proxecto final a través de dúas propostas educativas: "Storytelling" (para o alumnado de Educación Infantil) e "Skill contest" (para o alumnado de Educación Primaria).

"Storytelling" trátase dunha proposta didáctica de animación á lectura en inglés. Está baseada na dramatización e narración dun conto, xunto cunha sesión lúdico-didáctica en inglés relacionada coa proposta de animación lectora escollida. En total, realizaranse 7 sesións.

Pola súa banda, "Skill contest" é un proxecto didáctico baseado na realización dun concurso de habilidades lingüísticas en inglés. Realizaranse 11 sesións en total.

En total, participarán 275 escolares de 18 grupos dos centros CEIP Concepción Arenal, Juan Fernández Latorre, Labaca, María Pita, Raquel Camacho, Sacra Familia, Sal Lence, San Pedro de Visma, Ramón da Sagra e Víctor López Seoane.

O programa Idiomas no centro, desenvolvido pola Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos da Coruña en convenio co Concello da Coruña, trátase dunha proposta de lecer complementaria, en tempo extraescolar, para a promoción da aprendizaxe de idiomas estranxeiros (inglés ou francés) nun ambiente lúdico e participativo.

Programa ao que pertence

  • Idiomas en el centro 2025-26

    Idiomas en el centro es una emocionante propuesta de ocio para la promoción del aprendizaje de idiomas extranjeros (inglés o francés) en un ambiente lúdico y participativo. Centrada en la expresión oral, la escucha y la conversación a través de juegos y dinnámicas adaptadas a los intereses del alumnado.

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión